top of page
458d23bd-025e-4adc-9769-99531a15c3d0_edi
Inicio: Bienvenida

Neste club o alumnado de 5º e 6º ten a oportunidade de aprender explorando novos métodos e recursos para a creación de contornas virtuais e de realidade aumentada. 

O Club de Ciencia é unha actividade voluntaria que se oferta para os períodos de lecer e trata de  fomentar a creatividade do alumnado priorizando o seu papel como creador das suas aprendizaxes.


Os alumnos aprenden ao seu ritmo, atopándose con desafíos que teñen que superar a través da súa propia experiencia, utilizando a súa creatividade e imaxinación e sempre baixo a supervisión e apoio das mestras. 

O equipo do Club de Ciencia

Inicio: Cita

PROXECTOS REALIZADOS

PARKOURS

Videoxogos con movementos libres para chegar ata o final saltando e escalando obstáculos.

Ver proxectos

PASAPALABRAS VIRTUAIS

Concursos de preguntas con resposta múltiple formuladas seguindo a orde das letras do alfabeto.

Ver proxectos

MULLERES DESTACADAS

Xogos no Cubo Merge con cuestionarios sobre figuras femininas destacadas na ciencia, na arte, no deporte...

Ver proxectos

Inicio: Cursos

LABIRINTOS "RECREOS RESIDUOS CERO"

O alumnado do Club de Ciencia deseña labirintos ecolóxicos seguindo a campaña proposta desde Teachers for Future Spain coa campaña "RECREOS RESIDUOS CERO" que consiste en reducir residuos en almorzos e merendas usando envases retornables como fiambreiras para sólidos e cantimploras para a auga co fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso.

Ver proxectos

ZOOS CLIMÁTICOS

Resulta realmente alarmante saber que o 50% das especies que habitan a Terra poden chegar a estar en perigo de extinción se non se consegue frear o cambio climático a tempo. No Club de Ciencia creamos zoos protexidos para concienciar ao noso alumnado do que pode pasar con algúns animais nun futuro non moi lonxano.

Ver proxectos

CAMBIO CLIMÁTICO: SOLUCIÓNS

As solucións ao cambio climático fanse urxentes. Necesítase poñer atención ás consecuencias do cambio climático no planeta e buscar solucións eficientes para a súa mitigación.

O alumnado do Club de Ciencia deseña no Cubo Merge as máis relevantes.

Ver proxectos

MUSEOS ECOARTE

Galerías de obras de arte con cadros moi famosos que nos mostran como poderían estar as súas paisaxes nun futuro non moi afastado se non tomamos medidas contra os residuos abandonados na natureza.

Ver proxectos

ATRAPADOS NA HISTORIA: CASTROS DE ARTEIXO

Unha forma de descubrir, visibilizar e poñer en valor o noso patrimonio é coñecéndoo. Iso é o que fai o alumnado de 5º e 6º de Primaria nunha das actividades do Club de Ciencia creando videoxogos con simulacións prehistóricas.

Ver proxectos


DESPLASTIFÍCATE 360º

Novo proxecto de Desplastifícate! Mediante fotografías 360º desprazarémonos a algunhas praias de Arteixo para reciclar lixo xa que moitos dos produtos que se lanzan diariamente supoñen un grave prexuízo para o medio ambiente que pode chegar a durar ata miles de anos.

Ver proxectos

DESPLASTIFÍCATE! CUBO MERGE

Con esta experiencia buscamos promover unha conciencia ambiental creando contornas virtuais nas que o alumnado poida replicar ecosistemas danados por malos hábitos e a mala praxe do home. Esta actividade implica tomar conciencia das repercusións das nosas accións e a súa vez persegue a análise de posibles solucións.

Ver proxectos

ARTEIXO VIRTUAL

Desde o curso pasado iniciamos un proceso de internacionalización do centro ao conseguir financiación para un proxecto Erasmus K-229 como centro coordinador. 

O noso proxecto "Walking through the memory with immersive technologies" céntrase no estudo, conservación, posta en valor e difusión do patrimonio inmaterial e material a través da Aprendizaxe baseada en Proxectos e o uso da Intelixencia Artificial, a Realidade Aumentada e a Realidade Virtual.

Para ensinar aos nosos socios a localidade creamos diferentes tours virtuais pola localidade con fotografías 360º.

Ver proxectos

ITALIA, PORTUGAL E TURQUÍA 

No Club de ciencia investigamos sobre os países socios do noso proxecto K229 e logo deseñamos proxectos no Merge Cube. 

As posibilidades da Realidade Aumentada para achegarnos a lugares lonxanos.

Ver proxectos

TARXETAS DE NADAL

Tarxetas de Nadal interactivas no Cubo Merge para felicitar as festas navideñas.

Ver proxectos

ARTEIXO EN FEMININO

Proxectos realizados para a proposta do concurso internacional Wisibilízalas, cuxo obxectivo principal é destacar a loita da muller contra os estereotipos que asocian o traballo científico, únicamente co xénero masculino.

Ver proxectos

LABIRINTOS

Videoxogos con labirintos cheos de obstáculos que hai que sortear para chegar ao final.

Ver proxectos

Inicio: ¿Qué está ocurriendo?

CONTACTA

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
Inicio: Contacto
bottom of page