top of page

​

Tratar de divertirse aprendendo, de ser creativos e de explorar novas posibilidades. Para nós é importante que os nenos e nenas gocen o tempo que pasan no Club de Ciencia e non o sintan como unha asignatura máis.

A nosa metodoloxía de traballo prioriza o papel do alumno como creador das súas propias aprendizaxes, defende o traballo en equipo (este curso un pouco menos debido ás medidas restricitivas pola COVID) e fomenta a experimentación e a resolución aberta de problemas.

Os alumnos aprenden ao seu ritmo, atopándose cos desafíos que teñen que superar a través da súa propia experiencia utilizando a súa creatividade e imaxinación co apoio de xeito orientativo dos profesores.

​

Ver vídeo

​

​

​

photo5828133839304766754.jpg
Acerca de: Quiénes somos
bottom of page