O noso centro, pertencente á Rede de escolas da Unesco, procura unha formación integral na que o alumnado sexa consciente da súa responsabilidade individual e de como esta afecta á responsabilidade colectiva.
Así xorde Desplatifícate, un proxecto Maker que combina o uso da tecnoloxía co desenvolvemento de habilidades para a vida e os valores cívicos. Creatividade, innovación e pensamento lóxico son algunhas das caracteríticas que definen este proxecto.
留言