O obxectivo principal do novo proxecto EcoArte é facer reflexionar ao espectador visitando as galerías de arte interactivas 3D que deseñará o noso alumnado do Club de Ciencia sobre os graves problemas medioambientais que afectan a millóns de persoas en todo o mundo.
O primeiro que fixemos foi buscar cadros famosos con bonitas paisaxes e modificalos con editores de fotos. Os transformamos para ver como quedarían se non deixamos de contaminar.
Estes son algúns exemplos de pintura internacional, nacional e galega. Como vedes as paisaxes énchense de fábricas contaminantes, residuos plásticos e outro lixo
Comments