Plastiquina visita o noso cole
- Club Ciencia
- 12 abr 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 29 may 2021

A boneca que vedes na foto chámase Plastiquina e é o símbolo do compromiso ecolóxico de todos os coles que pertencen á Rede de Escolas asociadas da UNESCO.
Chegou por fin a Arteixo e durante toda a semana estivemos sacándonos fotos con ela, a utilizamos para incorporala aos nosos proxectos dixitais e foi unha participante máis do noso Club de Ciencia.
Aquí vos deixamos unha das actividades realizadas con Plastiquina. Démoslle a coñecer unha das nosas praias de Arteixo e foi testemuña de como debemos recoller e coidar a nosa contorna.
Comments