Como cada ano, durante esta semana realizamos en varios niveis A Hora do Código, evento que se celebrou do 7 ao 13 de decembro en máis de 180 países para achegar a programación dunha forma simple, intuitiva e divertida.
Está organizada por Code. org, unha organización pública sen fins de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios a que aprendan a programar.
PARA QUE?
O obxectivo é tratar de aprender conceptos fundamentais de programación, dispoñendo para iso programas cunha contorna visual de bloques lóxicos os cales, amontoados nunha orde adecuada, poidan realizar unha acción concreta, como por exemplo, mover un personaxe nunha escena.
Os programas elixidos este ano no noso centro foron: Lightbot para 1º e 2º e Minecraft para o resto dos niveis.
Ao terminar A Hora do Código cada alumno/a recibiu o seu diploma acreditativo.
Comments