A iniciativa TRASH-HACK da UNESCO consiste en realizar actividades orientadas a reducir a produción de residuos e lixo, que poden xerar grandes ideas para o planeta.
Unha das actividades realizadas no Club de Ciencia foi crear tours virtuais 360º polas praias de Arteixo coa boneca Plastiquina que é o símbolo que une a todos os colexios que forman parte da Rede de Escolas da Unesco e que visitou Ponte dos Brozos recentemente. A súa misión é concienciar ao alumnado da redución e utilización de plásticos, así como a aprendizaxe para unha correcta reciclaxe e reutilización dos mesmos.
Se visitades a web de School´s Trash Hack onde escolas de todo o mundo comparten os seus traballos para seguir loitando pola mellora do coidado do medio ambiente, aparece un dos nosos proxectos! 👏👏
Comments